Borja Domínguez: “Sabiamos que tiñamos argumentos para pelexar co Dépor”
“Tivemos un gromo de covid, non foi nada fóra do normal”
Por Zona mixta pasou Borja Domínguez, xogador do Rácing de Santander que pasou polo Rácing de Ferrol, Pontevedra e Celta B, contra os que se enfronta esta fin de semana acariñando xa o ascenso directo á Segunda División
A festa quítana dos fociños
“Témolo moi preto, pero hai que liquidalo”
"No Racing sabiamos que quedaba moita liga”
As claves do éxito
“Se houbo algo no noso éxito é a humildade e a prudencia”
“Cando empezas con tanta xente nova, dez ou quince fichaxes, é lóxica a adaptación. Toda a tempada estivemos segundos ou primeiros. Non sei se o punto de inflexión foi Riazor. As fichaxes en inverno fixeron aumentar a confianza. Cando estabamos a 6 puntos aquí ninguén dicía que era imposible coller o Dépor”
En ton de broma di que oxalá que ascendan e que o Celta B poida entrar no play off
"Eu quero ascender, se o Celta B ten que entrar en play off por un puntiño non será. Pero se saes a empatar, perdes. Teñen moita calidade e como nos relaxemos pásanche por riba como sucedeu en Barreiro"
Un xogador excelso
“Pablo Torre ten un talento que eu nunca vira”