Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bolsonaro, hospitalizado de urxencia por unha posible obstrución intestinal

Bolsonaro, hospitalizado de urxencia por unha posible obstrución intestinal

O presidente do Brasil pasaba uns días de descanso na praia e tivo que ser trasladado a un hospital de São Paulo

G24.gal 03/01/2022 13:09

O presidente do Brasil, Jair Bolsonaro, foi hospitalizado este luns tras queixarse de dores abdominais e será sometido a probas ante a sospeita de que poida ter unha nova obstrución intestinal, segundo informou a presidencia do Goberno brasileiro.

O mandatario estaba pasando uns días de descanso nunha praia do estado de Santa Catarina, e foi trasladado en avión ata São Paulo, onde permanece ingresado no Hospital Vila Nova Star. Neste centro trátano desde que sufrira un atentado en 2018 que lle afectara precisamente ao abdome.

"O presidente atópase ben", segundo o comunicado gobernamental, que anuncia que dará máis detalles da situación do líder ultradereitista cando sexan divulgados novos boletíns médicos do hospital. A nota engade que o presidente foi ingresado de madrugada cunha "suboclusión intestinal", pero está "estable e en tratamento".

En xullo de 2020 o presidente do Brasil, un dos gobernantes máis excépticos respecto da gravidade da covid-19, deu positivo e estivo 20 días illado ata superar a enfermidade. 

En xuño pasado, Bolsonaro tamén foi hospitalizado por unha obstrución intestinal, pero os médicos descartaron unha cirurxía. Tras responder ben aos coidados recibira a alta en catro días.

En setembro de 2020, o mandatario xa fora sometido a unha quinta cirurxía en São Paulo para a extracción dun cálculo renal e ese mesmo ano someteuse a unha vasectomía.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade