Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bolaños, Montero, Yolanda Díaz e Feijóo acompañarán os reis ao funeral, ao que non irá Pedro Sánchez

Bolaños, Montero, Yolanda Díaz e Feijóo acompañarán os reis ao funeral, ao que non irá Pedro Sánchez

Fontes de Moncloa xustificaron a ausencia do presidente do Goberno alegando que se trata dun funeral de Estado ao que vai asistir o re Filipe VI

O rei lembra o papa Francisco como "un enorme faro ético" do mundo

Félix Bolaños asina no libro de condolencias (Efe/Fernando Villar) Félix Bolaños asina no libro de condolencias (Efe/Fernando Villar)
G24.gal 22/04/2025 20:34

As vicepresidentas primeira e segunda do Goberno, María Jesús Montero e Yolanda Díaz, o ministro de Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, Félix Bolaños, e o presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, acompañarán este sábado aos reis Filipe VI e Letizia no funeral do papa Francisco, falecido este luns aos 88 anos. Deste xeito, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, non estará na delegación española.

O ministro Bolaños confirmou, en declaracións aos medios, os membros desta delegación ao visitar a Nunciatura Apostólica en España, que abriu as súas portas este martes aos cidadáns para que asinen un libro de condolencias pola morte de Francisco.

Fontes de Moncloa xustificaron a ausencia do presidente do Goberno alegando que se trata dun funeral de Estado ao que vai asistir o rei Filipe VI.

Ademais, fontes de Casa Real precisaron que ao funeral do Papa, que terá lugar este sábado ás 10:00 horas e será presidido polo cardeal Giovanni Battista Re, non acudirán nin o rei emérito Xoán Carlos I nin a raíña Sofía.

Bolaños declarou que o papa Francisco "abriu, desde logo, a Igrexa" e destacou que tivo "un espírito transformador, reformista, aperturista de converter a Igrexa católica nunha institución moito máis próxima aos grandes retos e aos grandes desafíos da sociedade do século XXI".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade