Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bod Dylan cambia os escenarios polo Vaticano e encóntrase co papa León XIV

Bod Dylan cambia os escenarios polo Vaticano e encóntrase co papa León XIV

O pontífice recibe ao cantante na Santa Sede este mércores

Tras a cita, Bob Dylan retomará a súa xira europea o xoves en Roma

O papa León XIV e Bob Dylan no seu encontro no Vaticano (Europa Press). O papa León XIV e Bob Dylan no seu encontro no Vaticano (Europa Press).
G24.gal 04/11/2026 18:31

Bob Dylan chega este mércores ao Palacio Apostólico do Vaticano e é recibido polo papa León XIV. O cantautor estadounidense e premio nobel de Literatura atópase facendo unha parada en Italia con motivo da súa xira europea.

A indumentaria de ambos personaxes contrastaba. O cantante chegou á Santa Sede vestido de negro, con guantes e capucha, mentres que o papa León vestía o seu hábito branco habitual.

Bob Dylan non chegou só xunto ao pontífice, o subsecretario do Dicasterio para a Cultura e a Educacióm, Antonio Spadaro, acompañouno ata o seu destino. "Non sen a emoción de vivir un encontro que ten sabor a historia e a sensación de que, a cada paso no Palacio apostólico, podería ter ocorrido calquera cousa", declarou Spadaro.

Non é a primeira vez que o papa León XIV recibe a unha icona estadounidense 'rock', o pasado xullo tamén acolleu a Patti Smith, autora de cancións coma Horses e recente galardonada no Premio Princesa de Asturias das Artes. Bob Dylan tampouco se estreaba fronte a un papa, en 1997 tocou ante Xoan Pablo II e centos de miles de xóvenes nun congreso eucarístico en Bolonia.

A cita rematou e Bob Dylan volve a centrarse na súa xira europea. Cantará o xoves en Roma e o sábado en Bolonia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade