Publicador de contidos

Biden ordena a vacinación obrigatoria nas empresas de máis de 100 traballadores

Biden ordena a vacinación obrigatoria nas empresas de máis de 100 traballadores

En caso de non querer vacinarse, os empregados deberán someterse a PCR semanais e levar máscara todo o tempo

G24.gal 04/11/2021 19:38

O presidente dos EUA, Joe Biden, prometera ampliar o mandato de vacinación e cumpriu a súa palabra. Despois do sector público, onde vacina a nivel federal é obrigatoria, agora tócalle a quenda ás empresas con máis de 100 empregados.

As compañías teñen de prazo ata o 4 de xaneiro. A lei afectará 84 millóns de americanos.

O mandato causará friccións. Por exemplo, en Nova York, miles de enfermeiros e policías perderon o seu emprego por negarse á vacinación.

O Partido Republicano xa protestou contra o mandato, considerado unha intromisión na liberdade persoal. A taxa de vacinación completa nos EUA aínda non chega ao 60 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade