Publicador de contidos
Publicador de contidos

Biden defende a axuda dos Estados Unidos a Israel e Ucraína

Biden defende a axuda dos Estados Unidos a Israel e Ucraína

Nun discurso no despacho oval comparou a Hamas con Putin, dos que dixo que ameazan as democracias

Defendeu a necesidade de que os EUA lideren a resposta aos conflitos, tamén por seguridade nacional

Pide a Israel que non repita os erros que cometeron en EUA tras os 11-S

G24.gal 20/10/2023 09:33

"O liderado dos Estados Unidos é o que mantén o mundo unido", dixo Joe Biden no seu segundo discurso á nación dende o despacho oval. E dende esa posición defendeu a petición que fará hoxe ao Congreso para ampliar o financiamento tanto a Ucraína como a Israel, unha solicitude orzamentaria urxente de milleiros de millóns de dólares, que interpreta, tamén, como un investimento en seguridade nacional. 

"Apoiar os nosos aliados críticos como Israel e Ucraína é un investimento intelixente que nos achegará dividendos en seguridade nacional por xeracións", asegurou Biden.

Serían 60.000 millóns de dólares para axuda militar a Ucraína, e 14.000 para Israel. Outros dez mil millóns para asistencia humanitaria nos dous conflitos. Amais, inclúese outra partida con 14.000 millóns para seguridade na fronteira e 7.000 para Taiwán e o Indo Pacífico. 

Na alocución desta noite, duns quince minutos, comparou a Hamas con Putin. Dixo que son ameazas diferentes, que teñen en común que queren aniquilar por completo unha democracia veciña

Sobre o conflito en Oriente Próximo, avogou pola solución de dous estados, e subliñou que Israel non debe cometer os erros que cometeu Estados Unidos despois do 11-S. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade