Publicador de contidos

Publicador de contidos

Besteiro defende a necesidade de volver situar as persoas no centro da acción política

Besteiro defende a necesidade de volver situar as persoas no centro da acción política

O líder do PSdeG fai referencia na súa mensaxe de nadal ás listas de espera na sanidade, ás dificultades de acceso á vivenda, á falta de reforzos no ensino e á preocupación da mocidade polo seu futuro

G24.gal 24/12/2025 16:51

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, defendeu a política de escoita coa xente no centro como clave de futuro no seu discurso de Nadal.

O dirixente socialista sinala que o ano 2025 estará marcado polas dificultades cotiás, a incerteza e a necesidade de volver situar as persoas no centro da acción política.

Sanidade, vivenda e educación e incendios entre as principais preocupacións

A mensaxe inclúe referencias ás listas de espera na sanidade, ás dificultades de acceso á vivenda, á falta de reforzos no ensino e á preocupación da mocidade polo seu futuro.

O vídeo tamén aborda a problemática dos incendios forestais e outras cuestións que afectan á vida diaria da cidadanía.

Besteiro alude á dignidade da poboación galega e considera que existe unha desconexión entre a cidadanía e o Goberno do Partido Popular.

O líder do PSdeG reivindica a escoita como punto de partida e a política útil como ferramenta para ofrecer respostas aos problemas reais.

A mensaxe inclúe unha conversa entre Gómez Besteiro e a súa nai, como referencia ás súas orixes e ao seu compromiso político.

Segundo indica no discurso, o obxectivo pasa por encarar 2026 con máis reflexión, máis empatía e coa mesma idea de sempre: escoitar, compartir, acompañar e gobernar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade