Publicador de contidos
Publicador de contidos

Benítez ten a peor porcentaxe de vitorias dos últimos 80 anos

Benítez ten a peor porcentaxe de vitorias dos últimos 80 anos

Unicamente no curso 1943-44, con Baltasar Albéniz como técnico, o equipo galego sumou menos vitorias (2) que as que leva na actual tempada con Rafa Benítez

Rafa Benítez perdeu o 86,62 por cento dos partidos en que dirixiu o Celta

G24.gal 27/02/2024 13:23 Última actualización 27/02/2024 13:29

Rafa Benítez é o segundo adestrador do Celta con menor porcentaxe de vitorias en 26 partidos de Liga ao longo os seus cen anos de historia, e o peor nos últimos 80 anos. Unicamente no curso 1943-44, con Baltasar Albéniz como técnico, o equipo galego sumou menos vitorias (2) que as que leva na actual tempada con Rafa Benítez (4 vitorias).

Rafa Benítez perdeu o 86,62 por cento dos partidos que dirixiu ao Celta, unha porcentaxe peor que o que asinaron outros técnicos como Óscar García Junyent (80,77 %, 21 partidos sen gañar en 26 xornadas), Laureano Ruiz e Carlos Aimar (76,92 %, 20 partidos sen gañar). Ademais, desde o último ascenso á máxima categoría, tan só o portugués Miguel Cardoso (0,78 puntos de media en 14 xornadas) ten unha media de puntos peor que o de Rafa Benítez (21 puntos en 26 xornadas, 0,80 de media).

Paco Herrera (con 20 puntos en 24 xornadas, 0,83 de media), Óscar García (35 puntos en 35 partidos) e Fran Escribá (25 puntos en 25 encontros) acabaron sendo destituídos cunha porcentaxe mellor que o do actual adestrador, ao que a directiva que preside Marian Mouriño ratificou no seu posto ata o partido do próximo venres contra o pechacancelas Almería.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar