Publicador de contidos

Publicador de contidos

Benítez e o estilo de Bordalás: "Sorpréndeme que aconteza isto na Liga"

Benítez e o estilo de Bordalás: "Sorpréndeme que aconteza isto na Liga"

"Faltounos gol e tempo, só se xogaron 50 minutos", comentou o adestrador do Celta

Bordalás tamén se queixou do colexiado

G24.gal 09/10/2023 00:06

Bordalás segue a facer amigos alí por onde vai. Desta volta foi Rafa Benítez o que cargou contra o estilo que emprega o Xetafe. "Faltounos gol e tempo, porque só se xogaron cincuenta minutos de máis de cen que durou o partido", comentou o adestrador celtista. 

"Claro que hai ansiedade, estar seguido parando o partido non é a mellor maneira de que teñas continuidade e iso xera nervios en calquera equipo", insistiu Benítez, que recalcou: "Veño dun fútbol (a Premier) onde isto non acontece. Sorpréndeme que siga pasando na Liga".

Bordalás tamén se queixou do árbitro pola expulsión de Domingos ou polo penalti asubiado a instancias do VAR por unha falta anterior cometida sobre Aleñá. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos