Beltrán superará ante o Valencia os 195 partidos de Vlado Guldelj en 1ª división
Beltrán: "Aspas é inalcanzable. Teño aí a Hugo"
Fran Beltrán é o home récord do Celta. Con só 25 anos, leva 195 partidos en 1ª división cos vigueses. Ante o Valencia superará a Vlado Guldelj e por diante ten catro lendas do celtismo. Aspas e Hugo Mallo que superan os 300 partidos en Primeira e outras dúas lendas como son Mostovoi e o gran capitán Manolo.
O propio Gudelj foi o primeiro en darlle os parabéns a Beltrán pola súa traxectoria. Beltrán chegou ao Celta procedente do Raio no verán de 2018.
E desde aquela sempre tivo continuidade. Un pulmón na sala de máquinas celeste. Ten contrato ata o 2026 ainda que o de superar a Aspas son palabras maiores.
"Aspas é inalcanzable. Teño aí a Hugo".
Beltrán atrévese a poñerlle nota ao Celta, con Rafa Benítez e con Claudio Giráldez.
"Durante máis da metade da temporada a nota foi dun 3 sobre 10".
"Con Claudio a nota sería un 5, un 6 sería moi alta. Temos que dar máis".