Publicador de contidos

Publicador de contidos

Beltrán porque marcha e Jutglá por motivo persoal, fóra da convocatoria

Beltrán porque marcha e Jutglá por motivo persoal, fóra da convocatoria

O adestrador non quixo profundizar na situación de Jutglá

O Celta recibe mañá o Raio Vallecano (18:30 hs)

Os galegos acumulan cinco xornadas sen perder

O Raio acadou unha vitoria nos nove últimos partidos de Liga

G24.gal 17/01/2026 14:36 Última actualización 17/01/2026 15:21

Nin Beltrán, nin Jutglá estiveron na última sesisón de traballo do Celta antes de medirse ao Raio Vallecano (domingo, 1830 hs). Beltrán porque está inmerso no seu traspaso ao Xirona e Jutglá por unha situación persoal na que o adestrador non quixo profundizar. "Que o explique el, é un tema persoal", aclarou Claudio Giráldez.

Claudio convocou a Hugo Burcio para o medio do campo e aclarou que hai outros xogadores en situación de poder saír. E todo un día antes de medirse a un rival complicado, de nivel europeo, que non se lle dá historicamente ben ao Celta. Certo é que o Raio chega con baixas notables e en horas baixas; un triunfo nos últimos nove partidos de Liga, pero -como ben nos ilustra Tomás Alonso na crónica- ben faría o Celta en non confiarse.

Un Celta que acabou esta primeira volta lanzado, con cinco xornadas sen perder e acariñando postos europeos. Cuns números de récord a domicilio, pero coa conta pendente da falta de fiabilidade como local.

Por certo, no adestramento asistimos á celebración do 33 aniversario de Borja Iglesias. Diremos aquilo de que "apandou" o Panda. Parabéns Borja!    

Nestes termos se refería Claudio Giráldez a ausencia no adestramento e na convocatoria de Ferran Jutglá. Motivos persoais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos