Publicador de contidos

Publicador de contidos

Beltrán cre que o partido ante o Español vai indicar ata onde poden chegar

Beltrán cre que o partido ante o Español vai indicar ata onde poden chegar

Calcula que quizais fagan falta 42 ou 44 para a salvación

G24.gal 15/03/2023 16:02 Última actualización 15/03/2023 16:09

O xogador do Celta Fran Beltrán sinalou este mércores o compromiso fronte ao Español deste sábado en Cornellá como clave para poder dicir a onde poden chegar nesta liga:

"Todo está apertado. É un partido importante que nos daría un impulso cara arriba para estar máis tranquilos", sinala en referencia ao caso de que poidan sumar os tres puntos.

"É un partido moi importante. Vai indicar ata onde podemos chegar. Pode darnos un impulso cara arriba. É o máis importante do ano"

Calcula que quizais fagan falta 42 ou 44 para a salvación:

"Está a ser moi disputado todo na zona de abaixo. Mola máis que outros anos, hai máis equipos. Pódese bater a barreira dos 40".

Considera que Carlos Carvalhal deulles "tranquilidade" e que grazas a el e aos compañeiros conseguiron "saír da zona baixa".

Comentou que antes, co Chacho, ían sempre a apertar e co luso é distinto: "Esperamos polo momento para ir buscar a pelota. Esa é a principal novidade".

Ademais, falou sobre o anuncio coñecido hoxe de que C. Tangana participará no himno do centenario do Celta:

"É un artista recoñecido, declarou o seu amor ao Celta. Creo que pode quedar un himno moi bo; sendo el, seguro que queda moi ben"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar