Cargando resultados...
Barbero aposta pola presenza de Lucas e Mella para o partido do Sabadell
Os dous xogadores adéstranse á marxe do grupo, pero agardan estar o vindeiro sábado
G24.gal
14/03/2024 19:56
No Deportivo preparan o encontro do sábado ante o Sabadell en Riazor. O partido poderase seguir pola G2.
Este xoves escoitamos a Iván Barbero. O dianteiro falou sobre o estado de forma de dúas das referencias en ataque do equipo: Lucas e Mella. Ambos adéstranse á marxe do grupo estes días, pero, segundo Barbero, chegarán para o partido.
O Deportivo é o líder da Primeira Federación e agarda manter esa condición no encontro ante o Sabadell, adestrado polo exdeportivista Óscar Cano. O partido será o sábado ás 18:00 horas.