Publicador de contidos

Publicador de contidos

Conciben o axuste de contas como móbil do tiroteo que deixou ferido un mozo en Vigo

Conciben o axuste de contas como móbil do tiroteo que deixou ferido un mozo en Vigo

O coche e o condutor que deixaron a vítima no Meixoeiro poderían estar identificados

G24.gal 31/03/2024 20:44

A Policía Nacional de Vigo investiga o tiroteo que deixou ferido no abdome un mozo de 25 anos, a quen deixaron ás portas do hospital Meixoeiro.

Os primeiros indicios apuntan a un posible axuste de contas por tráfico de drogas. Para identificar o autor ou autores do tiroteo, as forzas de seguridade examinan as cámaras de varias estradas e as do propio centro sanitario.

Tentan localizar o vehículo que na madrugada do sábado deixou a vítima ás portas do hospital e logo fuxiu. Fontes próximas á investigación indican que poderían estar identificados o coche e o seu condutor. Tamén apuntan a un concello da contorna de Vigo como lugar dos feitos.

O ferido, que chegou cun impacto de bala con orificio de entrada e saída, segue recuperándose no Álvaro Cunqueiro á espera de poder prestar declaración. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade