Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baiona da o bucinazo de saída do Entroido nas Rías Baixas co desfile de comparsas

Baiona da o bucinazo de saída do Entroido nas Rías Baixas co desfile de comparsas

G24.gal 11/02/2023 20:58 Última actualización 11/02/2023 21:06

Baiona inaugurou este sábado o seu Entroido co desfile de comparsas entre Sabarís e o paseo da Ribeira, onde tamén se celebrou a entrega de premios e o tradicional enterro da Sardiña. Esta vila das Rías Baixas adianta o Carnaval unha semana para distanciarse das festas grandes, as da Arribada, a primiera fin de semana de marzo. 

Vinte e catro comparsas temáticas desfilaron coa súa música propia entre Sabarís e o centro de Baiona. Como mínimo, cada grupo, debe ter doce persoas. Non hai problema. Todos superaron sobradamente esa cifra. Baiona é de entre todos os concellos das Rías Baixas o que dá o bucinazo de saída ao Carnaval.   

Todos coinciden en que o sentido do ridículo non pode existir no carnaval. Despois de dúas horas de desfile os participantes chegaron ao paseo da Ribeira, aos pes do Parador de Baiona, que vive xa o Entroido de 2023. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos