Cargando resultados...
Ayuso acusa o Goberno de facer política de "censura enerxética"
A presidenta madrileña nega diferenzas con Núñez Feijóo sobre este tema
Ayuso di que Madrid é a capital europea que antes apaga os escaparates
G24.gal
15/08/2022 13:05
A Comunidade de Madrid ultima o recurso que vai presentar ante o Tribunal Constitucional contra o plan de aforro enerxético.
A presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, acusa ao Goberno de levar a cabo unha política de censura enerxética e nega discrepancias con Alberto Núñez Feijóo sobre este asunto.
Di que ambos están de acordo en que o decreto retrata o Executivo como autoritario, arbitrario e chapuceiro e asegura que atenta contra a liberdade dos horarios comerciais.