Publicador de contidos

Publicador de contidos

Axentes de Tráfico participan nunha xornada de doazón de sangue

Axentes de Tráfico participan nunha xornada de doazón de sangue

Os grupos necesarios poden atoparse en Internet no semáforo de necesidades 

Marta González Salve 01/06/2022 14:20

Coñecen de primeira man a importancia que as doazóns de sangue poden ter para salvar a vida dos feridos nun accidente. Axudan nas estradas e este mércores tamén achegan o seu gran de area.

Un xesto que realizaron hoxe de xeito altruísta numerosos axentes do acuartelamento do sector de Tráfico da Garda Civil en Galicia con sede en Perillo e os seus familiares, e ao que se pode sumar quen desexe.

Porque cada día precísanse entre 400 e 500 doazóns para cubrir as necesidades dos hospitais de Galicia.

Reservas que é importante ter cubertas todo o ano. Aínda que na época estival fanse especialmente necesarias polo incremento dos desprazamentos por estrada e tamén de accidentes que tratarán de previr os mesmos axentes que hoxe doan o seu sangue.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade