Avanzan as obras para crear 76 prazas de albergue no mosteiro de Oseira
32 camas xa están listas e trabállase para habilitar 44 máis
Refórzase a capacidade de acollida de peregrinos na Vía da Prata coa creación de 76 novas prazas no mosteiro de Oseira. Trinta e dúas prazas están xa rehabilitadas no antigo albergue e avanza a reforma das novas dependencias que permitirá a instalación de 44 camas máis.
O Goberno galego inviste un millón de euros nesta actuación que dará aos peregrinos a oportunidade de durmir nun Ben de Interese Cultural.
"Sentindo o espírito do que é ser peregrino e poder aloxarse como o facían séculos atrás outros peregrinos, podendo desfrutar das comodidades modernas. Oxalá puidésemos facer máis rehabilitacións coma esta e que os peregrinos poidan gozar dunha experiencia engadida ao que é o propio camiño", di Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta.