Publicador de contidos
Publicador de contidos

Avanzan as obras do futuro centro de protonterapia de Santiago

Avanzan as obras do futuro centro de protonterapia de Santiago

O centro vai supoñer un revulsivo no tratamento dos tumores máis complicados

 Vai ser o primeiro centro público de España que manexe protóns para atacar o cancro. Así conseguen máis precisión e reducen os efectos adversos nos tecidos e órganos sans que rodean o tumor

G24.gal 12/09/2024 14:20

Avanzan as obras do futuro centro de protonterapia de Santiago, que vai supoñer un revulsivo no tratamento dos tumores máis complicados. Hoxe Xunta, Goberno e Fundación Amancio Ortega, que financia parte do centro, supervisaron eses traballos.

A escavación dos búnqueres para os equipos practicamente rematou e xa se traballa en superficie. A previsión é que comece a funcionar en dous anos. Vai ser o primeiro centro público de España que manexe protóns para atacar o cancro. Así conseguen máis precisión e reducen os efectos adversos nos tecidos e órganos sans que rodean o tumor.

O Conselleiro de Sanidade Antonio Gómez Caamaño concreta: "Fai unha técnica óptima para tratar nenos e nenas. E  tamén permite tratar pacientes que previamente foron tratados con radioterapia porque protexe moi ben todos os tecidos. E non só imos ser referentes para todos os galegos e galegas senón tamén para rexións limítrofes como Asturias, Castela e León e mesmo o norte de Portugal".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos