Publicador de contidos

Publicador de contidos

Austria multará os non vacinados a partir de febreiro

Austria multará os non vacinados a partir de febreiro

As contías irán desde os 600 ata os 3.600 euros

A medida afectará a todos os maiores de 14 anos 

G24.gal 09/12/2021 20:33

De 600 a 3.600 euros podería ter que pagar un cidadán austríaco maior de 14 anos que non estea vacinado antes do 10 de febreiro.

O goberno de Austria prepara un proxecto de lei con estas sancións para intentar aumentar as cifras de vacinación no medio dunha repunta dos casos no país. Calculan que a medida afectará un millón de cidadáns aínda sen vacinar fronte ao 68 % da poboación xa inmunizada. Os afectados recibirán unha notificación coa cita para a vacinación antes do Nadal.

Embarazadas, menores de 14 anos, os que teñan xustificación médica ou os que pasasen a enfermidade nos últimos 180 días serán as únicas excepcións. 

A lei estará vixente ata 2024.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade