Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumentan as indemnizacións aos pasaxeiros de avión en caso de perda ou danos na equipaxe

Aumentan as indemnizacións aos pasaxeiros de avión en caso de perda ou danos na equipaxe

Este ano actualizáronse as indemnizacións, chegando a un máximo de 1.813 euros por maleta

É importante facer a reclamación antes de abandonar o aeroporto

A perda da equipaxe é o terceiro problema máis reclamado polos pasaxeiros ás compañías aéreas
G24.gal 20/05/2025 14:33

A perda, o atraso na entrega ou os posibles danos nas maletas son o terceiro problema máis demandado polos pasaxeiros ás compañías aéreas.

 "Un par de maletas perderon, si".

"Perdéronme varias".

"A nós si, en Lanzarote".

"Tamén me estragaron unha maleta, pero, claro, eu pasei de todo porque non sabía que mo recoñecían", comentan varios pasaxeiros.

Pois si, temos dereito a reclamar calquera incidencia coa equipaxe, segundo se recolle no convenio de Montreal que regula o transporte aéreo internacional. Este ano actualizouse a contía das indemnizacións que pasan dos 1.600 aos 1.800 euros como máximo, pero sempre depende de cada caso. 

"Mellor, mellor, porque ao final metes unha morea de cousas na maleta e fanche falta eses cartos".

"Paréceme que che aboan segundo o que levabas ti maleta".

"Pode levar ordenador e o que sexa e si que pode chegar a esa cantidade, imaxino".

"É verdade que o que levas pois tamén pode ter unha parte emocional tamén que iso é como difícil de compensar".

Para poder reclamar é imprescindible encher un formulario, o PIR, que se debe solicitar no mostrador da propia compañía aérea. Aconséllase facelo antes de abandonar o aeroporto aínda que tamén podemos facelo na web. Temos un prazo de 21 días  en caso de perda e de 7 días por danos na equipaxe.

 "Vas alí á compañía, xa cho selan alí e quedas cunha copia e todo sen problema".

A aeroliña ten un prazo de 21 días para entregar a equipaxe. Pasado ese tempo xa é difícil que apareza.

 "Nunca, nunca apareceron as maletas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade