Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pedrafita xa sofre o incremento de tráfico polo corte da A-6 en ambos os dous sentidos

Pedrafita xa sofre o incremento de tráfico polo corte da A-6 en ambos os dous sentidos

Ante o maior risco para os peóns, os residentes na vila piden mellorar na seguridade viaria

"Á velocidade que se anda pode haber un problema gordo en calquera momento", di o alcalde

Félix Aragunde 08/06/2022 14:03

Debido á derruba no viaduto do Castro, que xa estaba cortado por obras, por precaución Tráfico decidiu desviar a circulación de vehículos á N-VI tamén en sentido descendente. Como consecuencia, en Pedrafita do Cebreiro aumentou considerablemente o tránsito rodado.

Ana Leal, hostaleira: "O que máis noto é ruído e excesiva velocidade nos camións. Vai haber accidentes. Temos un cruzamento que vén da parte de Cervantes e teñen que cruzar aquí, cun gran tempo de espera para poder cruzar".

Ante a maior cantidade de tráfico e o maior risco para os peóns, os residentes en Pedrafita piden que se tomen medidas co fin de mellorar a seguridade viaria. De feito, só hai dous pasos de peóns no medio da vila, e un deles está a medio pintar.

Por outra banda, témese que polo verán se incrementen os atascos que xa se rexistraran en Semana Santa.

Stephanie de la Iglesia, comerciante: "Dende logo, se en Semana Santa houbo aquí uns atascos tremendos, agora a ver. Para nós, que temos negocios, eu creo que nos vai vir moi ben este problema, pero vaia..."

E, no caso de que prolongue o corte ata o inverno, o desvío podería causar dificultades en Pedrafita debido ás nevadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar