Aumenta a tolemia galega polo fútbol
O Rácing logra o seu máximo de socios, mentres que o Celta volve a cifras previas á pandemia e o Deportivo convértese no 12º club en España con máis abonados

O fútbol galego está en auxe e a mellor demostración é o numero de socios que están logrando os nosos clubs.
O Rácing de Ferrol acaba de conseguir o seu maior número histórico de socios dende que existen rexistros, superando os 5.950 da tempada 1964-1965. O ascenso a Segunda División e os prezos reducidos foron o factores chave para a unión que está a lograr o equipo coa cidade.

Pola parte celtista tamén se trata dunha cantidade de socios moi superior a estas últimas tempadas e recuperando os datos previos ao Covid con máis de 20.000 socios. O Celta tivo que bloquear as novas altas pola imposibilidade de ter demasiados abonados e que non entrasen no reformado Balaídos.

O Deportivo non ía ser menos e, actualmente, establécese por riba dos 19.000 socios, sendo o duodécimo equipo de España con máis socios, tendo por enriba un só equipo de Segunda División (RCD Español) e superando a metade dos clubs da Primeira División.
