Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumenta a demanda de máscaras e de probas de antíxenos

Aumenta a demanda de máscaras e de probas de antíxenos

A produción de máscaras FFP2 e FFP3 duplicouse

As probas covid case se triplicaron a súa demanda nestas últimas semanas

G24.gal 09/12/2021 14:13

Máis reunións sociais, máis ceas e máis mobilidade nestas datas. Pero tamén o aumento dos casos covid en Galicia fixo que a demanda de máscaras e probas de antíxenos aumentase considerablemente neste último mes. Esta empresa galega Dismark, que fabrica máscaras FFP2 e FFP3 e distribúe probas de antíxenos, duplicou a súa produción. 

Uxío Gómez, xerente de Dismark, explica que a produción duplicouse e que mesmo para atender á demanda contrataron quince persoas máis. "Estamos producindo arredor de 50.000 a 60.000 máscaras diarias", engade.

Este incremento tamén vén motivado pola evolución da covid noutros países de Europa, como Alemaña, e isto fai que sexan moitos os que se anticipen. "Ninguén quere quedar sen máscaras e sen tests", indica Uxío Gómez. "Facer un test é unha tranquilidade, sobre todo nestas datas en que todo o mundo se quere mover ou ten algún compromiso", aclara. 

De feito, a demanda das probas covid case se triplicou nestas últimas semanas. Sobre todo, motivado por dúas circunstancias: unha porque teñen algún síntoma compatible coa covid, e outra porque viaxaban nesta ponte ou porque ten algún compromiso social, apunta o farmacéutico Ignacio Labella Lozano. É tal a demanda que, por exemplo, na súa farmacia pasaron de vender 20 probas á semana a 50 ao día. 

"Nós non temos probas, pois no noso distribuidor están esgotadas.  Non hai probas a un prezo razoable, por iso preferimos agardar", explica Ignacio Labella.

Todo apunta a que logo desta ponte a demanda de tests diminúa, pero a medida que se acheguen as datas do Nadal volverá aumentar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade