Aumenta a comercialización das algas, un produto cualificado de 'superalimento'
Un alimento abundante en Galicia e polo que apostan novos proxectos empresariais
A alga galega, con selo ecolóxico, gaña ano a ano máis presenza no mercado internacional
E dun alimento novo a outro que cada vez ten máis demanda como ingrediente de calidade na cociña. Falámoslles das algas. Non só polas súas cualidades organolépticas, senón tamén polos seus benficios para a saúde. Un alimento abundante en Galicia e polo que apostan novos proxectos empresariais.
Afeccionado ao mar e tamén á gastronomía, Sergio decidiu combinar as dúas paixóns na comercialización dun produto que o ten todo para triunfar na mesa.
Hai catro anos que puxo en marcha a súa empresa e xa factura 250.000 euros ao ano. El mesmo recolle as algas nas zonas que lle concederon nas Rías Baixas. Traballa con oito variedades e exporta a toda Europa.
Están aínda por explorar as cualidades de máis especies autóctonas. O certo é que a alga galega, con selo ecolóxico, gaña ano a ano máis presenza no mercado internacional.