Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan unha moza de 20 anos asasinada nun piso onde se aforcou un home

Atopan unha moza de 20 anos asasinada nun piso onde se aforcou un home

A moza matárona golpeándoa na cabeza

O seu corpo estaba agochado nun cuarto pechado cun cadeado

Foto da moza no momento no que se denunciou a súa desaparición Foto da moza no momento no que se denunciou a súa desaparición
G24.gal 28/11/2022 17:33

 En Madrid, a Policía Nacional atopou morta este luns unha moza de 20 anos.

A rapaza estaba oculta nun domicilio onde o pasado día 22 se atopou un home aforcado.

O suceso ocorreu no distrito madrileño de Arganzuela.

Nun primeiro momento, os axentes que atoparon o corpo do home non localizaron o da muller, nin o relacionaron coa súa desaparición.

Pero tras novas investigacións volveron ao domicilio e acharon o corpo sen vida da muller nun cuaro pechado con cadeado.

O cadáver presentaba golpes na cabeza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade