Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan un cadáver dentro dunha maleta nun contedor no centro de Barcelona

Atopan un cadáver dentro dunha maleta nun contedor no centro de Barcelona

Foi un home recollendo cousas do lixo o que avisou do achado un estanqueiro próximo

G24.gal 29/11/2022 16:57

En Barcelona, un veciño achou o cadáver mutilado dun home dentro dunha maleta. O corpo estaba no fondo dun contedor do barrio de L'Eixample, no centro da cidade.

O cadáver atopouse sobre as 11 da mañá deste martes. Os Mossos dEsquadra e a policía científica traballan para identificar a vítima. 

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSXC), o Xulgado de Instrución número 23 de Barcelona, en funcións de garda, abriu dilixencias para investigar o achado de parte do corpo humano masculino -en concreto a parte do tronco-, localizado no fondo dun contedor.

A comitiva xudicial tamén acudiu á zona e procedeu ao levantamento do cadáver, segundo as fontes.

Un estanqueiro da zona explicou a Efe que cando estaba a facer a repartición do tabaco polos comercios próximos, un coñecido, que adoita recoller cousas dos contedores, comentoulle que vira un cadáver dentro dunha maleta, polo que se achegou ao lugar.

Unha vez ante o contedor, o estanqueiro viu a maleta e no seu interior un "torso" humano, polo que se dirixiu a unha ambulancia que había na zona e explicoullo, segundo a súa versión.

Cando o persoal da ambulancia comprobou que había parte dun cadáver dentro da maleta, avisaron a policía.

Axentes da División de Investigación Criminal (DEC) dos Mossos d'Esquadra abriron unha investigación.

No marco da súa investigación, os Mossos están a facer xestións para tratar de identificar a vítima e concretar as causas da morte.

Ademais, segundo as fontes, tamén están a solicitar a declaración de testemuñas e están a percorrer os comercios da zona para comprobar se as cámaras de seguridade permiten descubrir quen lanzou a maleta co cadáver no contedor.

O xuíz, que non declarou a causa secreta, está pendente de recibir o informe da autopsia e as dilixencias policiais correspondentes, segundo o TSXC.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade