Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home ao caer á auga no porto deportivo de Ortigueira

Morre un home ao caer á auga no porto deportivo de Ortigueira

Os sanitarios desprazados á zona só puideron confirmar o falecemento

G24.gal 07/07/2022 19:06 Última actualización 07/07/2022 20:56

Persoal de Emerxencias rescatou este xoves un home que apareceu aboiando na contorna do porto deportivo de Ortigueira (A Coruña) e que faleceu pouco despois a pesar dos intentos de recuperación.

Un particular alertou do suceso arredor das 17.20 horas. Por mor da chamada, o 112 activou o protocolo para o auxilio e asistencia ao afectado.

Con todo, detallou que o operativo "finalizou sen éxito tras varios intentos" por manter o home con vida.

Xunto aos traballadores sanitarios, que chegaron ao momento no helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, tamén se desprazaron á zona membros de Policía Local, Garda Civil e Grupo de Emerxencias Supramunicipal  de Ortigueira.

Ao parecer, o home caeu á auga mentres paseaba nas inmediacións da dársena, situada no centro urbano.

A pesar de que se mobilizou o helicóptero de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, non foi empregado para o traslado á espera de que se autorizase o levantamento do cadáver. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar