Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan vivos os catro nenos que viaxaban nunha avioneta sinistrada na selva en Colombia

Atopan vivos os catro nenos que viaxaban nunha avioneta sinistrada na selva en Colombia

O sinistro da avioneta foi o 1 de maio

Atoparon os cadáveres de tres adultos

Os catro nenos, de entre 13 anos e 11 meses, son fillos dunha das falecidas no accidente

Encontráronos na selva e a familia aínda non ten detalles do que lles pasou

G24.gal 18/05/2023 09:17 Última actualización 18/05/2023 09:28

Aparecen os catro nenos dos que non se sabía nada dende que a avioneta en que viaxaban se esnafrara hai máis de dúas semanas na selva colombiana. Na nave estaban os cadáveres dos tres adultos que ían nela, dous homes e unha muller, que era a nai dos menores, pero non había nin rastro dos cativos, de entre 13 anos e 11 meses.

Agora confirmou o achado o presidente Petro. Con todo, á familia aínda non llo comunicaron, segundo lle dixo á prensa a avoa dos nenos, persoa clave nesta procura: unha emotiva mensaxe gravada por ela dirixida aos seus netos estivo sendo emitida estes días dende avións militares sobre a área da selva amazónica en que ocorreu o sinistro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade