Aspas, oitavo xogador en marcar 11 goles en oito ligas consecutivas
Entrou no selecto club do que forman parte outros sete futbolistas: Pahíño, Di Stéfano, Hugo Sánchez, David Villa, Leo Messi, Cristiano Ronaldo e Luís Suárez
O internacional español Iago Aspas, dianteiro do Celta, celebrou contra o Raio Vallecano o seu undécimo gol do curso 2022-23 e converteuse no oitavo xogador capaz de alcanzar esa cifra en oito ligas consecutivas.
O atacante galego, que esta tempada podería converterse no primeiro futbolista español en gañar cinco Trofeos Zarra, segue agrandando a súa historia e entrou no selecto club do que forman parte unicamente outros sete futbolistas: Pahíño, Di Stéfano, Hugo Sánchez, David Villa, Leo Messi, Cristiano Ronaldo e Luís Suárez.
Dos xogadores en activo no campionato español, unicamente o internacional francés Karim Benzema achégase aos estratosféricos números de Aspas. O dianteiro do Real Madrid, leva 5 Ligas consecutivas marcando dez ou máis goles, segundo datos de Afouteza e Corazón.
Aspas, ademais, é o futbolista da Liga que máis goles asina como local. Dos once que suma, nove logrounos en Balaídos. Séguelle o dianteiro do Barcelona Lewandowski con 8 no Camp Nou.