As precaucións defensivas protagonizan a ida do play out
O Beasain e o Ourense C. F. empataron sen goles no campo de Loinaz
O drama do play out resolverase na Cidade das Burgas. O Ourense C. F. empatou no campo do Beasain (0-0) nun partido en que as precaucións defensivas se impuxeron sobre o xogo de ataque.
No primeiro tempo, o equipo local tomou a iniciativa pero cun fútbol combinativo co que foi incapaz de superar unha defensa moi seria do equipo de Rubén Domínguez. Apenas houbo ocasións.
O Ourense saíu con moita forza na segunda metade e nos primeiros quince minutos xerou cinco situacións claras de gol nas que mereceu adiantarse. O adestrador local cambiou o modelo de xogo e buscou unha solución máis directa. Iso provocou que o Ourense recuperase menos balóns e tamén que ameazase un pouco a portería de Marqueta.
Contra o final chegou a polémica. Primeiro cun derrubo de Ebuka no bordo da área e logo coa expulsión de Zubillaga por unha falta que non fixo.