As políticas de vivenda abren fendas no Goberno de coalición
Para Sumar, a bonificación fiscal aos propietarios que anunciou Pedro Sánchez supón regalar cartos públicos aos rendistas
Os socialistas defenden que as bonificacións buscan abaratar os prezos do alugueiro
Sumar non apoia as medidas anunciadas por Pedro Sánchez para facer fronte á crise da vivenda. Así o manifestaron nun artigo publicado nun medio de comunicación desde os cinco ministerios que ocupa esta formación. O conflito está na rebaixa do cen por cento do IRPF para os propietarios anunciada polo presidente do Goberno.
Para iso o Goberno prepara un decreto en que tamén quere limitar os alugueiros de temporada. A ministra de Vivenda di que a bonificación fiscal xa están escrita na lei que votaron os socios de goberno.
Yolanda Díaz reprocha a Sánchez que anunciara a medida de forma unilateral logo de meses negociando.
Tampouco se poñen de acordo na posibilidade de decretar unha prórroga xeral dos contratos de alugueiro que vencen este ano. Para Sumar é imprescindible para evitar novas subas, mentres que para os socialistas a medida xera dúbidas xurídicas.