Publicador de contidos

Publicador de contidos

As Letras Galegas homenaxean en Córgomo a Florencio Delgado Gurriarán

As Letras Galegas homenaxean en Córgomo a Florencio Delgado Gurriarán

A paisaxe, a natureza de Valdeorras, foi a grande inspiradora do poeta 

No exliio, en México, cohesionou os proxectos dos galeguistas en revistas como Vieiros ou Saudad

As Letras Galegas homenaxean o poeta Florencio Delgado Gurriarán
G24.gal 16/05/2022 22:00 Última actualización 13/05/2022 11:45

Valdeorras e o seu Córgomo natal marcan a biografía de Florencio Delgado Gurriarán, pero realmente a maior parte da súa vida pasouna fora da súa terra en México como exiliado. Alí casou, formou unha familia e participou activamente e como figura de cohesión en todos os proxectos dos galeguistas en México.  

Valdeorras e México, dous espazos que marcaron a biografía de Florencio Delgado Gurriarán. No primeiro naceu en 1903 e alí pasou a súa infancia entre viñedos e bosques no seo dunha familia acomodada e moi vinculada á viticultura.

E alí, no seu querido Córgomo natal, iníciase nas lecturas en galego e toma conciencia da lingua. Conciencia que o leva a militar nos anos 30 do pasado século no Partido Galeguista e comeza a escribir.

No 1934 na Editorial Nós consegue publicar o seu primeiro libro de poemas, Bebedeira, un canto á súa terra natal: ás montañas, aos ríos, aos castiñeiros e ao viño de Valdeorras. A súa incipiente carreira literaria trúncase coa guerra.

Delgado Gurriarán foxe da represión franquista e en 1939 no buque Ipanema parte dende Bordeos camiño de México, onde pasará o resto da súa vida.

No país de acollida, Florencio traballará en distintos sectores, casará con Celia, terá cinco fillos e participará activamente nos proxectos socioculturais dos galeguistas exiliados: na revista Saudade, na de Vierios e no Padroado da Cultura Galega.

E seguirá escribindo poemas, libros como Galicia infinda ou o Soño do guieiro. Volverá de visita tres veces a Valdeorras, a última en 1981, cando lle conceden a medalla de membro da Real Academia da Lingua Galega.

En 1987 morre na casa dunha das súas fillas en California e dous meses despois as súas cinzas retoman ao cemiterio de Córgomo, seguindo a súa última vontade.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos