Publicador de contidos

Publicador de contidos

As familias dos falecidos no Villa de Pitanxo anuncian unha querela criminal

As familias dos falecidos no Villa de Pitanxo anuncian unha querela criminal

Querelaranse contra o patrón do barco, o seu sobriño e a armadora

Este sábado reuníronse co presidente da Xunta e coa conselleira do Mar

 

G24.gal 28/05/2022 14:47 Última actualización 28/05/2022 21:01

Familiares dos falecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo reuníanse este sábado co presidente da Xunta e coa conselleira do Mar. O encontro, que comezaba pasadas as dez e media da mañá, foi a petición das familias para expoñerlle ao novo responsable do Goberno galego as súas reclamacións neste caso.

Explican que o seu obxectivo é que se baixe ao barco mediante robots para atopar probas que esclarezan o que aconteceu no naufraxio o 15 de febreiro.

"Hai unha empresa privada de Noruega que pon a disposición de maneira gratuíta un sonar de varrido lateral. O presidente da Xunta comprometeuse a ese equipamento, trasladalo ao buque que puxera o Goberno de Sánchez e sufragar os gastos dese traslado", di María José de Pazo, voceira dos familiares dos falecidos.

O presidente da Xunta amosou o apoio do Goberno galego ás reivindicacións das familias, reivindicacións que cualificou de "razoables" e mesmo "dunha cuestión de humanidade".

"Manifestei que lles apoiamos nesa reivindicación e transmitirlle ese apoio cando sexa recibido polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez. Tamén hai que dicir que é unha reivindicación lóxica e que as forzas da oposición en Galicia seguro que apoiarán tamén", asegurou Alfonso Rueda, presidente da Xunta.

As familias anunciaron ademais que se van presentar na Audiencia Nacional para interpoñer unha querela criminal.

"Unha querela criminal contra o patrón do buque, o señor Padín, contra o seu sobriño, o señor Rial, e contra a empresa armadora", dixo María José de Pazo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade