As exportacións da industria pesqueira galega baten marcas
Facturou 2.500 millóns de euros no 2021, a falta dos datos de decembro, que son os mellores do ano
Italia é o mellor cliente dos produtos galegos do mar
A industria pesqueira galega bateu marcas en exportacións o ano pasado. O polbo e o marisco tiraron das vendas no exterior, con Italia un ano mais como mellor cliente dos produtos galegos.
Ademais, repuntaron as vendas a mercados como os Estados Unidos, A China e o resto da Unión Europea. As exportacións da industria pesqueira galega superaron os 2.500 millóns de euros en 2021. E iso sen contar cos datos de decembro, o de maior consumo do ano.
As cifras son excepcionais. Máis se temos en conta que foi un ano moi difícil pola suba dos custos enerxéticos e das materias primas.
Juan Manuel Viéites, de ANFACO, recoñece que se están a facer as cousas ben e que a industria galega e competitiva e coñece e se adapta aos mercados.