Publicador de contidos

Publicador de contidos

As eleccións portuguesas celebraranse co 10 % da poboación en corentena

As eleccións portuguesas celebraranse co 10 % da poboación en corentena

Portugal celebra eleccións lexislativas o vindeiro domingo 

Ao medo á abstención súmase a gran cantidade de xente confinada nas súas casas

Alberto Mancebo 25/01/2022 12:54

Os contaxios en Portugal non están baixando á velocidade que se esperaba. Isto pode influír decisivamente na participación das eleccións do vindeiro domingo porque calculan que un millón de persoas estarán en corentena. Trátase do 10% da poboación lusa. 

A abstención nos diferentes comicios portugueses leva máis dunha década sendo moi alta e o pasado domingo en que se celebraron eleccións anticipadas para quen o solicitou cumpríronse os peores prognósticos.

Os portugueses infectados ou que estiveran en contacto cun positivo apenas acudiron votar a pesar de que tiñan a última hora reservada para eles para non poñer a ninguén en perigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade