Publicador de contidos

Publicador de contidos

As eleccións en Italia deixan a primeira dimisión: Enrico Letta, do Partido Democrático

As eleccións en Italia deixan a primeira dimisión: Enrico Letta, do Partido Democrático

Estaba chamado a plantarlle cara a Meloni e non chegou ao 20 % dos votos

G24.gal 27/09/2022 07:32

Italia entra nunha nova etapa política co triunfo da líder de ultradereita Giorgia Meloni. E hai xa unha primeira dimisión. O progresista Enrico Letta deixa a presidencia do Partido Democrático. Deixará o cargo no próximo congreso da formación.

E podería non ser o único. Tamén está no punto de mira Salvini; con menos do 9 % dos votos, comeza a recibir críticas dentro do seu partido, aínda que el aspira a ser o próximo ministro do Interior na coalición liderada por Meloni, que tamén incluirá a Berlusconi.

A mediados de outubro, o presidente Mattarella daralle o encargo a Giorgia Meloni de formar goberno. A líder de ultradereita obtivo unha vitoria histórica. Cun 26 % dos votos, practicamente iguala a todos os partidos da coalición de centroesquerda. Cunha abstención tamén histórica, dun 36 %.  

A alianza de dereitas ten maioría absoluta na Cámara de Deputados e no Senado, pero non chega aos tres cuartos que lle permitiría cambiar a Constitución sen consenso político.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade