Publicador de contidos

Publicador de contidos

As confrarías de pescadores impulsan compras conxuntas de combustible

As confrarías de pescadores impulsan compras conxuntas de combustible

O obxectivo é negociar coas petroleiras para conseguir un prezo mais competitivo

Din que pagar máis de sesenta céntimos por litro non é rendible

G24.gal 10/06/2022 14:38

O elevado prezo do combustible está a poñer o sector pesqueiro nunha situación límite. Din que agora mesmo nin coas axudas do Goberno é rendible saír pescar.

José Antonio Pérez, Presidente da Federación Galega de Confrarías di que xa non era viable saír ao mar a 60 céntimos o litro, e agora que case chega o litro de gasóleo subvencionado a un euro, moito menos.

Quique, patrón do Novo Xouba, augura que despois do verán deixará a actividade o 50 % da frota e nun ano o resto porque con estes prezos non compensa saír pescar.

Di o refrán que a situacións desesperadas, medidas desesperadas, e iso foi o que deberon pensar as confrarías de pescadores. As confrarías decidiron impulsar a compra conxunta de combustible para intentar paliar o elevado prezo do gasóleo.

José Antonio Pérez, Presidente da Federación Galega de Confrarías, asegura que as diferenzas de prezo entre gasolineiras chegan a superar os vinte céntimos polo que unha compra conxunta na que se fala de millóns de litros sería moi rendible.

Actualmente a Federación Nacional de Confrarías está a negociar coas petroleiras un prezo do combustible máis beneficioso para o sector pesqueiro. Cren que o acordo é posible porque para elas tamén sería moi atractivo asegurar a venda de millóns de litros cada mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade