Publicador de contidos

Publicador de contidos

As confrarías apostan pola rexeneración dos bancos marisqueiros para repoboar as zonas afectadas polos temporais

As confrarías apostan pola rexeneración dos bancos marisqueiros para repoboar as zonas afectadas polos temporais

A medida está dentro do plan de acción da Xunta de Galicia para paliar os efectos dos episodios de mortaldade

 O conselleiro do Mar continúa coa rolda de contactos co sector para explicarlles as axudas para este ano e o que vén 

G24.gal 31/01/2024 13:51

A zona de Cesantes en Redondela foi das máis afectadas, cun 90 por cento de mortaldade de ameixa e de berberecho nos meses de outubro e novembro. Nesta zona as mariscadoras aínda non recuperaron a normalidade.

A repoboación dos bancos marisqueiros é unha das medidas que contempla o plan de acción posto en marcha polo Goberno galego en que xa traballa o sector. 

O sector recibirá axudas inmediatas e outras a medio prazo destinadas a garantir a sostibilidade e a competitividade do marisqueo.

O conselleiro do Mar continúa a rolda de contactos coas diferentes confrarías afectadas polos episodios de mortaldade para explicarlles as accións do plan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade