Publicador de contidos

Publicador de contidos

As autoridades envían unha mensaxe de calma ante a entrada da liñaxe danesa de ómicron

As autoridades envían unha mensaxe de calma ante a entrada da liñaxe danesa de ómicron

A ómicron BA.2 é algo máis transmisible que a BA.1, pero non máis grave

G24.gal 28/01/2022 14:07

Hai apenas uns días que foi noticia a súa identificación en Dinamarca, e xa está entre nós. Segundo as augas de Bens, nun 1,34 % dos contaxios. 

A nova liñaxe da ómicron será a próxima en dominar en Europa, porque demostrou xa un aumento na súa transmisibilidade. 

"Pero semella que non é un incremento da gravidade, que é o importante. E iso vai na liña do que comentamos sempre que o virus vai cambiando para obter vantaxes en canto á transmisión", matiza María José Pereira, xefa de Medicina Preventiva do CHUAC. 
 

Habitualmente, esas vantaxes levan asociada unha menor gravidade. Hai que ter cautela, pero a ómicron BA2 parece que cadra coa BA1 en provocar cadros leves e reducir os ingresos por baixo dun 1 %.

"O termo de silenciosa non é axeitado porque si que somos capaces de indentificala coas técnicas de PCR máis habituais. E iso é un pouco para dar tranquilidade".
 

De feito, non se espera que a aparición desta nova liñaxe interfira no proceso de cambio cara a un novo modelo de xestión da covid en canto remita esta onda. 

 

"É o momento para modificando, acurtando con seguridade o illamento en caso de enfermos, as corentenas e todo aquilo que nos permita estar tranquilos dentro desta situación", explica a doutora Pereira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar