Publicador de contidos

Publicador de contidos

As asociacións prevén unha avalancha de alegacións e recursos xudiciais contra os proxectos eólicos

As asociacións prevén unha avalancha de alegacións e recursos xudiciais contra os proxectos eólicos

As plataformas contra os parques eólicos en Galicia manifestáronse este venres en Santiago

Consideran unha "invasión de macroproxectos eólicos, que minan Galicia"

A Asociación Eólica de Galicia, a patronal do sector, valora o "esforzo da Xunta" na emisión de declaracións de impacto ambiental

G24.gal 20/01/2023 17:01

As plataformas contra os parques eólicos en Galicia manifestáronse este mediodía en Santiago polo que consideran unha "invasión de macroproxectos eólicos, que minan Galicia", agrupados baixo a plataforma Aldeas Libres de Macroélicos.

Denunciaron que o Goberno galego aprobou esta semana 30 declaracións de impacto medioambiental favorables para outros tantos proxectos. Cualifican este feito de atentado medioambiental.

Os representantes de diferentes asociacións e colectivos en contra dos eólicos en Galicia prevén unha avalancha de alegacións e recursos xudiciais contra as ducias de proxectos que van obtendo a luz verde nos últimos días, incluida "a vía penal" contra cargos da Administración.

Postura da patronal do sector

A Asociación Eólica de Galicia, a patronal do sector, valora o que cualifica "esforzo da Xunta" na emisión de declaracións de impacto ambiental. Son expedientes que levan entre un e dez anos en fase de tramitación.

O Goberno español fixou como data límite de prórroga o próximo 25 de xaneiro. Se nesa data non dispoñen da declaración, perden o permiso de conexión.

Neste sentido, a patronal eólica espera que o Ministerio para a Transición Ecolóxica acepte a súa demanda de que as autorizacións administrativas e a declaración de impacto se poidan presentar aos seis meses como contempla a lei galega.

Di que está en risco o futuro industrial de Galicia, moitos millóns de investimentos e cáse 4.000 megawatts de potencia eólica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade