Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arranca no Congreso o debate das emendas aos presupostos

Arranca no Congreso o debate das emendas aos presupostos

ERC e Bildu aínda non desvelaron a súa postura

O BNG vai absterse

G24.gal 21/11/2022 19:56

O Goberno parte con 164 votos favorables para os presupostos despois de que partidos como o PNV, Más País ou Coalición Canaria lle confirmasen o seu apoio. A priori, votos suficientes para sacar as contas.

Pero falta por saber a posición dos 18 deputados de Esquerra Republicana e Bildu, que se propoñen negociar ata o extremo.

Joan Margall, de ERC, di: "Imos seguir aproveitando as horas de marxe que nos quedan para intentar mellorar un acordo que de momento non está pechado".

O Bloque Nacionalista Galego anuncia a súa abstención.

Néstor Rego, do BNG, di: "PSOE e Unidas Podemos non cumpriron con Galicia e néganlle ao noso país o que é de xustiza".

Polo momento, 159 nons

Enfronte dos sis, o Goberno ten asegurados 159 nons do PP, Vox, Ciudadanos, a CUP ou Junts. 

María de los Llanos de Luna, do PP, afirma: "Rexeitaron as nosas 3.400 emendas, o que reflicte o seu sectarismo".

Iván Espinosa de los Monteros, de Vox, di: "Vostedes estanse dando un festín de gasto público, e pásanlles a factura aos cidadáns".

A votación definitiva dos presupostos será o xoves. Ese mesmo día tamén se abre no Congreso o debate sobre a reforma do delito de sedición.

E a Cámara pronunciarase tamén sobre a lei que crea impostos extraordinarios ás rendas máis altas e ás grandes empresas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade