Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arousa e Bergantiños empatan e non acadan os seus obxectivos

Arousa e Bergantiños empatan e non acadan os seus obxectivos

O Arousa descende a 3RFEF. Buscou un triunfo que non chegaría para permanecer

O Bergantiños estivo en postos de play off moitos minutos pero o triunfo do Coruxo frustrouno

G24.gal 15/05/2022 15:26

A mala nova do día foi para o Arousa, que descende de categoría. Tivo a ocasión de gañarlle ao Bergantiños cun penalti que Luis Nuño non puído transformar no minuto 89. O partido acababa cun empate que tampouco lle serviu ao Bergantiños para xogar o playoff de ascenso. O equipo de Vilagarcía xogará a vindeira temporada na Terceira División.

Brunet marcou para os de Carballo no minuto 18 da primeira parte. Houbo moitas ocasións, pero os porteiros colleron o protagonismo, cunha actuación moi destacada do visitante Santi Canedo. Pedro García empatou para o Arousa no 74 pero o triunfo tampouco tería servido porque o Marino de Luanco gañou o seu partido grazas a un gol no 94. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos