Arnau Comas: "Subir a Primeira sería un soño"
O catalán apuntou que a Liga é “como unha montaña rusa” porque é unha liga “moi longa” e “supercompetitiva”
O central Arnau Comas, que podería recuperar a titularidade no Deportivo fronte ao Andorra pola sanción do belga Lucas Noubi, non escondeu este xoves que ascender a Primeira División co equipo branquiazul sería “un soño cumprido”.
“Quedan tres partidos, que é pouco e moito á vez. O bo é que dependemos de nós. Creo que estamos a facer unha tempada moi boa. Subir sería un soño para todos. Neste club todos sabemos que representamos a un escudo moi grande. Sabes que hai unha presión, pero é normal nun club con este escudo”, afirmou.
O catalán apuntou que a Liga é “como unha montaña rusa” porque é unha liga “moi longa” e “supercompetitiva” porque o nivel de todos os equipos é moi similar e todos os partidos “non se deciden ata o último minuto”.
Neste sentido, o defensa destacou a profundidade de banco do Dépor porque, ao seu xuízo, “todos” están a sumar nesa carreira polo regreso á máxima categoría.
“Temos un persoal moi longo e de moita calidade. Sabendo que os xogadores ás veces entramos, temos refachos duns cantos partidos no no once e logo fóra del. Aquí todos sumamos e iso é o importante para o equipo”, comentou durante a súa comparecencia ante os xornalistas.
A nivel privado, o exfutbolista do F Basilea admitiu que ao principio de tempada faltoulle “algo de ritmo”, pero agora xa se atopa “moi ben” a nivel físico.