Argimiro Marnotes cre que o ascenso do Arenteiro "semella unha esixencia"
Coa derrota do Compostela ante o Coruxo, Arenteiro abriu unha fenda de 12 puntos de vantaxe
Un gol de Pibe abondoulle ao Arenterio para sumar no Espiñedo tres novos puntos e seguir sendo o principal candidato para festexar o ascenso directo á Primeira Federación.
Argimiro Marnotes: "A festa é cada 15 días no Espiñedo porque o xogo é espectacular"
Coa derrota do Compostela ante o Coruxo, Arenteiro abriu unha fenda de 12 puntos de vantaxe que á falta de nove xornadas por xogarse poñen moi preto o obxectivo como recoñecía na Radio Galega o presidente dos do Carballiño.
"A situación é privilexiada. Semella unha esixencia"
O 2 de abril, o Arenteiro enfróntase ao Compos en San Lázaro, e para daquela as cousas do destino apuntan a que en xogo podería estar xa o ascenso matemático.