Cargando resultados...
Arden 4 coches diante dun concesionario en Vigo
Arden 4 coches diante dun concesionario en Vigo
Pénsase que puido ser intencionado
G24.gal
24/06/2024 15:20
Ata un total de 4 coches arderon en Vigo nun incendio que se pensa que puido ser intencionado.
O suceso produciuse diante dun concesionario, e foron os veciños quen alertou aos servizos de emerxencia durante a madrugada de San Xoán.
Por sorte, os bombeiros de Vigo sufocaron as lapas con rapidez e impediron que se estendera a máis vehículos.