Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde un coche en Poio e as lapas aféctanlles a outros dous máis

Arde un coche en Poio e as lapas aféctanlles a outros dous máis

Os feitos sucederon na estrada que une Pontevedra, Poio e Sanxenxo

A Garda Civil investiga as causas do lume

Vehículos afectados/Protección Civil de Poio Vehículos afectados/Protección Civil de Poio
G24.gal 12/08/2023 11:08 Última actualización 12/08/2023 11:18

Un vehículo ardeu por completo e outros dous víronse afectados polas lapas na avenida de Covelo, en Poio.

O 112 Galicia informa de que contra as 5:30 horas deste sábado, un particular contactaba coa central de emerxencias para advertir de que había un coche ardendo nese punto. Tamén os axentes da Garda Civil indicaban aos xestores do 112 que foran avisados por un lume en varios coches, á altura da Praia de Covelo.

Estaban aparcados na PO-308, xunto a un hotel sen actividade. Dous dos turismos quedarían seriamente danos e o terceiro presenta estragos de menor entidade.

Así, puxeron os feitos en coñecemento do GES de Sanxenxo, da Policía Local, que xa tiña constancia, e aos efectivos de Protección Civil da localidade, que se desprazaron ata o lugar para extinguir as lapas.

A Garda Civil investiga agora as causas do lume que obrigou a unha notable despregadura de medios na estrada que une Pontevedra, Poio e Sanxenxo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade