Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arbeloa eloxia a Claudio e o gran momento do Celta

Arbeloa eloxia a Claudio e o gran momento do Celta

"Será unha saída moi complicada e esixente. Xogan con moita confianza”

O Real Madrid chega con numerosas baixas

G24.gal 05/03/2026 12:34

O Real Madrid chega ferido a Balaídos. Semella un bo panorama para o Celta: o equipo de Arbeloa perdeu nas dúas últimas xornadas de Liga, ten numerosas baixas (Mbappé, Bellingham, Rodrygo, Mastantuono, Huijsen, Carreras, Ceballos) e sente a presión de estar na clasificación a catro puntos do líder, o Barcelona.

Arbeloa eloxiou a Claudio Giráldez e o gran momento do Celta: "Non vai ser nada doado contra un gran equipo e un adestrador que está a facer as cousas marabillosamente ben. É un equipo ben traballado, que está a xogar con moitísima confianza. Veñen de gañar catro partidos e están xogando realmente ben ao fútbol. É un campo onde sempre hai un grande ambiente cada vez que vai o Real Madrid. Será outra saída moi complicada e esixente”.

O Barcelona apreta e o Real Madrid non ten moita marxe de erro se quere recuperar o liderado. Arbeloa non ve a visita a Balaídos como unha final: “Quedan 36 puntos por xogar e estamos a 4 puntos, non a 18.  Logo de dúas derrotas entendo que o ambiente non sexa o máis positivo pero no vestiario somos conscientes de que queda moita liga e imos pelxar pola Liga".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade