Publicador de contidos

Publicador de contidos

González Laya ve necesario construír gobernos pensando nas necesidades colectivas e non nas individuais

González Laya ve necesario construír gobernos pensando nas necesidades colectivas e non nas individuais

A exministra de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación evita posicionarse sobre a amnistía á que se refire como "cuestións tremendamente delicadas"

G24.gal 29/09/2023 10:37

A exministra de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, Arancha González Laya, cualifica de "cuestión tremendamente delicada" unha eventual amnistía aos procesados polo referendo do primeiro de outubro. 

A que fora ministra durante o segundo mandato de Pedro Sánchez, evita posicionarse pero si reflexionaba, nunha entrevista no 'Galicia por diante', sobre o momento político do país. González Laya cre que "necesitamos da madurez política que se precisa nunha democracia para alcanzar consensos que nos permitan enfrontarnos a estes momentos de grandes turbulencias internacionais, de cambios nas nosas economías, de turbulencias xeopolíticas". 

"A resposta que temos que dar dentro do noso país é madurez política e consensos para construír gobernos. Evidentemente os gobernos saen dunha vontade popular. Hai que tecelos cando non existen maiorías pero pensando nas necesidades que nos rodean". Entende González Laya que hai que poñer por riba as "necesidades colectivas" ás individuais. 

González Laya, que está na illa da Toxa para participar no Foro Vínculo Atlántico, defende unha "maior unidade de Europa" para resistir mellor os cambios  xeopolíticos e ante as grandes turbulencias internacionais do momento.  

Unidade á que apela na guerra en Ucraína despois de que países como Polonia amagasen con interromper a subministración de armas. 

Cuestionada sobre o pacto migratorio e asilo europeo, pendente de acordo, González Laya confía en que saia adiante porque "é unha responsabilidade dos países europeos ordenar os fluxos migratorios". 

"A migración precisa unha ordenación, de organizala... para evitar que caian en mans de mafias que o único que fan é lucrarse coa miseria dos cidadáns. Somos un continente avellentado e será necesaria unha migración ordenada. Non é fácil pero cómpre alcanzar un equilibrio", apuntaba. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade