Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aprender a salvar vidas ao ritmo dos Bee Gees

Aprender a salvar vidas ao ritmo dos Bee Gees

Só dúas de cada dez persoas saben facer a respiración cardiopulmonar

Os expertos din que os cursos de RCP deberían ser obrigatorios

G24.gal 17/10/2022 14:54 Última actualización 17/10/2022 18:38

Cada vinte minutos unha persoa sofre unha parada cardiorrespiratoria en España. Unha cifra moi preocupante se temos en conta que só dúas de cada dez persoas saberían actuar correctamente nestes casos.

Ana María e Mohamed foron algunhas das persoas que tiveron a oportunidade de aprender no hospital Clínico de Santiago de Compostela os pasos que hai que seguir no caso de parada cardiorrespiratoria.

Laura Sayagués, facultativa de UCI do Hospital Clínico Universitario de Santiago, asegura que se nos atopamos nun lugar cardioprotexido debemos pedir un desfibrilador, xa que nos axudará no proceso, e iniciar inmediatamente a masaxe cardíaca. Laura di que as compresións teñen que facerse no centro do tórax e a un ritmo de 100 por minuto.

Para conseguir este ritmo e facer correctamente as compresións podemos axudarnos de varias melodías.

Aitana Carrolero, estudante de Enfermería, di que o Staying Alive dos Bee Gees ou a Macarena poden axudarnos.

Os profesionais aseguran que estes cursos deberían ser obrigatorios nos lugares de traballo e nos centros educativos, xa que ter uns coñecementos mínimos podería axudar a salvar moitas vidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos